Bos días de Ozu, mañá no CGAI

Mañá sábado 12 de maio ás 18:00, e con entrada de balde, proxección do clásico de Yasujiro Ozu Ohayo (Bos días). A sesión está recomendada tamén para público infantil a partir dos dez anos.

OHAYO / BUENOS DÍAS (Xapón, 1959)
Dirección: Yasujiro Ozu. Guión: Yasujiro Ozu e Kôgo Noda. Produción: Shôchiku Eiga. Fotografía: Yûharu Atsuta. Intérpretes: Keiji Sada, Yoshiko Kuga. Duración: 94 minutos.
Como decote, os compoñentes dunha familia calquera dispóñense a afrontar os seus problemas, os seus soños e realidades. O pai, os altibaixos no traballo, as esixencias dos fillos e máis a súa educación. A nai, a preocupación de empregar ben os cartos e as múltiples complicacións da vida doméstica. E os fillos a obsesión por teren televisión na casa, un deles ensumido nos estudos e perturbado por un defecto físico. Esta película contempla o suburbano Xapón dos anos 50.
Céntrase nas vidas diarias da xente dunha pequena comunidade e no xeito de actuar destes habitantes. A través deles, o filme demostraranos o poder da fala na nosa vida habitual. Revisión dun clásico mudo anterior (He nacido, pero...) en que o mestre xaponés Yasujiro Ozu, en clave de comedia e seguindo a vida diaria nunha comunidade de veciños, nos mostra as mudanzas na sociedade xaponesa coa chegada da tecnoloxía. Reflexión, dende a sinxeleza dos nenos e sobre a base das relacións familiares, dos problemas de comunicación, da xerarquía ou da perda da inocencia. A partir dunha historia simple, Ozu agasállanos cunha película próxima e emotiva construída baixo a súa habitual ollada contemplativa do cotián. A partir dos 10 anos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Thriller: Carlos (Olivier Assayas, 2010)

Dentro do ciclo dedicado ao thriller esta semana poderemos ver a montaxe para salas de cinema da miniserie de televisión Carlos, presentada no Festival de Cannes 2010 e que explora a biografía de Ilich Ramírez Sánchez, figura destacada do terrorismo internacional dos anos 70 e 80. O filme está dirixido por Olivier Assayas e protagonizado por Edgar Ramírez.

Horario: ATENCIÓN! Debido á longa duración (165 minutos) só haberá un pase diario. Xoves 10, venres 11 e sábado 12 ás 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Saíndo da fábrica: La nana (Sebastián Silva, 2009)

La nana, dirixida polo chileno Sebastián Silva e protagonizada por Catalina Saavedra, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Saíndo da fábrica.

Horario: xoves 10 de maio ás 20:30, venres 11 de maio ás 20:30 (a continuación do pase haberá un coloquio polo que se suspende a sesión das 23:00) e sábado 5 de febreiro ás 17:30 e 20:30. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Saíndo da fábrica: Marius e Jeanette (Robert Guédiguian, 1997)

O tradicional ciclo de maio dedicado ao traballo, Saíndo da fábrica, arranca este ano cun célebre filme de Robert Guédiguian, Marius et Jeanette.

Horario: xoves 3 ás 20:30, venres 4 ás 20:30 e 23:00, sábado 5 ás 17:30 e 20:30. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Thriller: Reykjavik-Rotterdam (Óskar Jónasson, 2008)

Na sala Marilyn Monroe comeza un ciclo dedicado ao thriller coa proxección de Reykjavik-Rotterdam, dirixida polo islandés Óskar Jónasson.

Horario: xoves 3 ás 20:15, venres 4 ás 20:15 e 22:45, sábado 5 ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cine árabe: Son of Babylon (Mohamed Al Daradji, 2009)

O filme do director iraquí Mohamed Al Daradji Son of Babylon, premiado na Berlinale 2010, pecha o ciclo de abril dedicado ao cinema árabe na Sala Marilyn Monroe.

Horario: xoves 26 ás 20:15, venres 27 ás 20:15 e 22:45, sábado 28 ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cine e literatura: Aritmética emocional (Paolo Barzman, 2007)

Aritmética emocional, adaptación dunha novela de Matt Cohen dirixida por Paolo Barzman, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano. Protagonizan Christopher Plummer, Susan Sarandon e Max von Sydow.

Horario: xoves 26 ás 20:30, venres 27 ás 20:30 e 23:00, sábado 28 ás 17:30 e 20:30. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cine e literatura: Factótum (Bent Hamer, 2005)

A Sala Fernando Rey ofrece esta semana dentro do ciclo Cine e literatura a película Factótum, adaptación dun texto de Charles Bukowski feita por Bent Hamer. No reparto, Matt Dillon, Lili Taylor e Marisa Tomei.

Horario: xoves 19 ás 20:30, venres 20 ás 20:30 e 23:00, sábado 21 ás 17:30 e 20:30. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A Twitter